Nesta sesión extraordinaria modificáronse os Estatutos da TIC, primeiro paso necesario para levar a diante todo o proceso. Unha vez aprobada, esta modificación será trasladada á Xunta de Galicia para a súa ratificación por parte do Protectorado das Fundacións de Interese Galego. A proposta do Presidente provincial culminará no Pleno da Deputación, que deberá aprobar a xestión directa da actividade e a subrogación do persoal.