Borja Cortegaza, Mateo Domínguez e Gabriel Díaz, de Castrelo FS, Walter Gonçalves, de Pescados Rubén Burela FS, e Xián Cibrero, de ED Lourenzá, participarán en dúas sesións de adestramento previstas para o venres 22 e mércores 27 de decembro, no pavillón municipal de Vilalba.
Completan a convocatoria Andrés Silva e Ángel Vázquez, de Ribeira FS; Hugo Castro, Pablo Carballo e Jesús Arias, de CP Casás; Íker Cupeiro, Diego Mera e Javier García, de ADC Lugo Sala; Xoel Sánchez, de EDM Concello de Guitiriz; e Saúl Ortega, de Franciscanos Lugo.
A Mariña, campioa no Amigable de Seleccións de Lugo
Estes cinco xogadores xa formaron parte da Selección da Mariña Benxamín, coa coordinación da Fundación Imdecum, a comezos de decembro, proclamándose campioa no Torneo Amigable de Seleccións de Lugo disputado en Begonte. O combinado de David Riveira e Jesús Ares venceu na primeira semifinal a Lugo Sur/Montaña por 11-1 e na final a Lugo por 5-0. A Terrá Chá rematou na terceira praza e Lugo Sur/Montaña na cuarta.