Site icon Crónica3.com A Mariña

Agradecemento do Concello de Viveiro a Viaqua pola doación de xoguetes

María Loureiro García recibiu de mans do persoal de Viaqua a doación de xoguetes que a empresa realizou ao Concello de Viveiro para axudar a que, neste Nadal, ningún neno quede sen o seu agasallo. A empresa concesionaria do servizo municipal de auga entregou 25 agasallos destinados a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 17 anos, que serán entregados a usuarios de servizos sociais. Dende o Concello de Viveiro quérese agradecer publicamente a empresa Viaqua por esa loable iniciativa, que xa leva tres anos levándose a cabo.

Exit mobile version