Lugo, 20 de decembro de 2017. Aberto este mércores o prazo de solicitude para participar na nova programación de actividades medioambientais, gratuítas e para persoas de todas as idades, que o Goberno da Deputación ofrece para o primeiro trimestre do 2018 no Centro de Interpretación Terras do Miño. Son 13 iniciativas moi variadas (sobre poda, xardinería de reciclaxe, compostaxe, horticultura, conferencias, campamentos urbanos…) con 445 prazas. Na www.deputacionlugo.gal hai un espazo habilitado, con toda a información e as actividades para as persoas interesadas en inscribirse nelas.
Programación
Todas as actividades levadas a cabo polo Goberno da Deputación terán lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás o Obradoiro de iniciación ás aves acuáticas invernantes que tamén se celebrará na Lagoa de Cospeito.
Actividades destinadas aos adultos
– O 20 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Curso de iniciación á poda. Nº de participantes: 20.
– O 25 de xaneiro de 19:30 a 21:00 horas, Conferencia Formas curiosas e rechamantes no mundo dos cogomelos. Nº de participantes: 40.
– O 3 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, A compostaxe: De refugallo a recurso. Nº de participantes: 20.
– O 10 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro A horta na casa. Nº de participantes: 20.
– O 17 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, Actividades de relaxación e contacto. Nº de participantes: 40.
Actividades para familias
– O 13 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro Xardíns verticais empregando materiais reciclados. Nº de participantes: 20.
– O 17 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro de iniciación ás aves acuáticas invernantes. Nº de participantes: 20.
– O 3 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, O teixugo na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Nº de participantes: 20.
Actividades infantís
– O 2, 3 e 4 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Historia e Natureza da Nosa Terra. Nº de participantes: 20 (de 8 a 13 anos).
– O 26 de xaneiro de 17:00 a 20:00 horas e o 27 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Día Mundial da educación ambiental. Nº de participantes: 50.
– O 12, 13 e 14 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, 1º Entroido de ciencia e medio ambiente. Nº de participantes: 20 (de 6 a 16 anos).
– O 23 de febreiro de 16:00 a 20:00 horas e o 24 de febreiro de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, Obradoiro descubrindo a arte na natureza. Nº de participantes: 25.
– O 26, 27, 28 de marzo e 2 de abril de 10:00 a 14:00 horas, Campamento Urbano. Nº de participantes: 25.