Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas contra a violencia de xénero en Lourenzá

Lourenzá 23-11-17. Este venres 24 ás 20:00 horas no Salón de Actos de Lourenzá, a Asociación de Amas de Casa Baos de Lourenza, a Asociación Mujeres En Igualdad Burela, xunto co Grupo de Teatro Ardora de San Cibrao, organizarán as que serán xa as III Xornadas Contra a Violencia de Xenero, que organizan de forma conxunta.
Estas Xornadas que levan por titulo: “Á violencia de xénero dille. ..non!” e baséase nunha campaña lanzada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, dende a cal dan visibilidade a esta problemática social.
O acto abrirse cun pequeno número interpretado polo Grupo de Teatro Ardora e tamen por integrantes de Mujeres En Igualdad Cervo e Burela, co que intentarán trasmitir a realidade do que acontece cando se exerce a Violencia de Xénero.
A continuación terá lugar unha Mesa Redonda moderada pola Presidenta da Asociación das Amas de Casa “Baos” de Lourenza, dende a cal unha psicóloga e unha avogada expertas en violencia de Xenero, explicarán as medidas a adoptar cara a atención ás víctimas.

Exit mobile version