As escolas de Atletismo, adestradas por Raúl, David e Nerea, fano os martes e xoves de 18:00 a 19:30; e os venres de 16:30 a 17:30.
Estas xornadas de tecnificación seguirán no tempo con máis visitas e adestramentos especiais coa intención de consolidalas e sumar máis alumnos ás escolas os sábados polas mañás, e así achegar novas experiencias aos alumnos.
Os alumnos empezarán a competir en xaneiro en campo a través na zona da Terra Chá nas distintas categorías.
A Asociación colaborará co CEIP AQUILINO IGREXA ALVARIÑO de Abadín no fomento do atletismo, e colaborará para que participen nas distintas probas do deporte escolar do programa XOGADE da Xunta de Galicia.