Os próximos días Sábado 2 e Domingo 3 de Decembro, celebrase en Burela a 8ª Edición do Rastrillo de Asociacións. O evento terá lugar no Edificio de Asociacións (Antiga praza de Abastos) dende as 12:00 as 20:00 horas, en horario ininterrumpido. pondranse á venda obxectos de segunda man, reciclados, manualidades e tamén doces e bebidas caseiras e de nadal. como de costume haberá algunha actuación musical sorpresa e este ano tamén realizaremos dous talleres (un o sábado e o outro o domingo) para que os mais pequenos se leven a casa un obxecto feito por eles.
Nesta edición, o rastrillo contará coas seguintes asociacións de Burela: ““A.F.A.N”,“A.N.P.A”,“A.S.P.E.B.U”, “Cáritas” Camiña”, “Contigo”“Batuko Tabanka”, “Bigotes”, “Dambara”,“Esperanza”,”Ledicia” “Luz Acesa”, “Mujeres en Igualdad Burela”, “Raíces Peruanas”, “Raventolas” e “Vagalume”.
O Rastrillo persegue dende a súa creación os seguintes obxectivos:
– Que cada organización (que ten a súa propia mesa) recaude fondos para as súas actividades.
– Fomentar o consumo responsable, o reciclaxe e o comercio de segunda man.
– Realizar unha actovodade que permita aos asistente coñecer as asociacións que operan na cidade de Burela e tamén lles facilite a ditas asociacións darse a coñecer.
– Fomentar a colaboración e o contacto entre asociacións.
Por primeira vez, o rastrillo xa non está organizado por “Vagalume”, senon que o coordinarán representantes dalgunhas das Asociacións participantes, en concreto “A.S.P.E.B.U” “Bigotes”, “Mujeres en Igualdad Burela” e “Vagalume”, coordinación que está previsto que irá rotando en edicións sucesivas ao resto de asociacións. Esta modificación acomodase mellor ao feito de que dende o seu inicio, o rastrillo foi unha actividade que se realiza en común, grazas ao traballo de todas as organizacións que participan.