Desde hai un tempo vense celebrando esta movilización ás portas do centro de saúde de Ribadeo os mércores ás 12 do mediodía, atendendo así á convocatoria realizada pola plataforma en defensa da sanidade pública. Os asistentes portaron unha vez máis carteis nos que se podía ler “non á supresión da área sanitaria da Mariña”.