Veciñ@s e persoal do centro de saúde ribadense secundaron a concentración celebrada esta mañá en defensa da sanidade pública para dicir “non, á supresión da área sanitaria da Mariña”
redac
Desde hai un tempo vense celebrando esta movilización ás portas do centro de saúde de Ribadeo os mércores ás 12 do mediodía, atendendo así á convocatoria realizada pola plataforma en defensa da sanidade pública. Os asistentes portaron unha xornada máis carteis nos que se podía ler “non á supresión da área sanitaria da Mariña”.