“As persoas que estes días se acheguen á localidade poderán gozar de grandes descontos nun número importante de tendas. Con esta campaña o que facemos é adiantarnos un pouco ao Nadal e animar así á xente a facer algunhas compras para esas datas aquí en Foz, no comercio da nosa vila”, explican desde a directiva de Acia-CCA de Foz.
Campañazo
Por outra banda, o 24 de novembro (este venres) chega unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 1.800 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os sorteos terán lugar os días 24 de novembro e 1 e 5 de decembro e destinaranse 300 euros para o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados.
O Campañazo poderase seguir en directo a partir das once da noite a través de Radio Foz, no 107.4 da FM.
Un total de 51 establecementos comerciais e hostaleiros participan no Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz.
Os que reparten os cartóns son: Alain Afflelou, armería Valibria Caza y Pesca, asesoría Marcos Fernández, calzados Pirde, carnicería Mercedes, Casa Moreda, Cenor Belianorte, centro dietético Alba Vila, centro óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din y Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco Nº 2, farmacia Antonia Ulloa, ferretería Fuente, floristería La Gardenia, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda Íntima, Mapfre, María Docampo Moda, MRW Foz, Ofifoz, Pastelería Anduriña, pastelería Amarena, pescadería Os Coyotes, Salai Campo, Suministros Veipa, Unique 2, Vagaluz, Viajes Rodríguez e zapatería Carmen León.
E os locais nos que se pode xogar o Campañazo todos os venres de novembro son: A Viela, Acuario, Express, Happy Days, Casa Damián, Costumes do Mar, Fraggle Rock, pizzería Xoiña, Dandy, Tangarte Mariñeiro e Xoyma.