A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto con outras autoridades, participou nos actos conmemorativos do Día Internacional contra a violencia de xénero. Os actos arrincaron no Concello de Lugo, coa entrega de premios aos gañadores do VII Concurso de Deseño Gráfico e do certame de fotografía.Posteriormente, tivo lugar unha ofrenda floral, a lectura dun manifesto, a actuación musical de Ruth León, acompañada do guitarrista David Taboada, e unha solta de globos, na Praza de Santo Domingo, diante da árbore da vida. Aos actos tamén asistiron representantes do tecido social da cidade, así como clubes deportivos de Lugo. Ademais, tivo lugar unha andaina, e o izado dun lazo negro de globos na Mosqueira, tras a colocación de bandeirolas negras ao redor de toda a Muralla.