Unha semana despois A raíña das velutinas chegará á Casa da Penela (o estabelecemento de turismo rural onde xurdiu a narración), en Vilamor, Mondoñedo.
A cita terá lugar o sábado 2 de decembro ás 19:00 h.; tras a presentación terá lugar unha cea na mesma Casa da Penela, para a que é preciso apuntarse no propio local (telf.: 645 97 18 77). Prezo da cea: 20 euros. Data límite para a inscrición na cea: luns 27 de novembro).
O acto de presentación estará amenizado polo cantautor Miro Casabella e polo músico e escritor mindoniense Fran Bouso.
Á semana seguinte, concretamente o sábado 9 de decembro ás 20:00 h., a novela será presentada na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro.
Na Casa da Penela, a mesa de presentación estará formada, amais de polo propio autor, por Xulio Rodríguez Leiras –activista cultural mindoniense-, Fernanda Cedrón Trigo –neta do mítico guerrilleiro mariñao “O Gardarríos”, e Bernardo Penabade –profesor de lingua galega que elaborou unha unidade didáctica sobre a novela-.
No acto do Valadouro, serán Bernardo Penabade e Armando Requeixo –crítico literario vinculado profesionalmente ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades- quen acompañen o autor na presentación.