En Viveiro, a 13 de novembro de 2017. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
O pasado mércores 8 de novembro publicábase no BOP a convocatoria dunha praza de monitor socorrista para a piscina municipal de Viveiro dentro do programa Depuemprego da Deputación. Con anterioridade xa se contratara outra persoa durante seis meses para esta mesma praza con cargo a este plan do Organismo Provincial.
Esta nova contratación – e alegrámonos pola persoa que resulte beneficiaria desta plaza – pon de manifesto algunhas das extrañas circunstancias que acompañaron “o piscinazo” no tocante o proceso de selección de persoal cando o Concello acordou no ano 2015 a súa xestión directa.
Agora e a vista das bases específicas de contratación, temos a impresión de que xa lles importa a calidade do servicio, dado que estas si son esixentes á hora de seleccionar ó persoal, e así cando antes para esta praza so se pedía o graduado escolar – pouco parecía importarlles o relacionado coa natación -, agora esixen ter o título de Licenciado ou Grao en Ciencias de Actividade Física do Deporte xunto co certificado de ter superado o curso de adaptación da actividade física e deportiva co socorrismo en intalacións acuáticas e o título de técnico superior en animación de actividades físicas deportivas, asi como o certificado profesional en socorrismo. As diferencias son notorias e resultan evidentes.
Ademáis esto demostra, unha vez máis, a súa falta de previsión a hora de diseñar a plantilla necesaria para atender o normal funcionamento da piscina municipal, ó ter que estar contratando persoal continuamente para que se poidan desarrollar os cursos ofertados, asi como atender as tarefas de socorrista. Non é de estranar as queixas dalgúns traballadores da piscina que se ven obrigados a facer un elevado número de horas extras por enriba da súa xornada laboral ordinaria, para poder dar un servizo axeitado ós usuarios.
Por todo o exposto e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1- Como é posible que faiga falta continuamente contratar persoal, si supostamente estudiaron as necesidades no momento de asumir a xestión directa?
2- Non lle parece que existiu unha clara falta de previsión á hora de planificar?
3- É certo que algún traballadores a media xornada están a facer a xornada completa?
4- Teñen pensado pagarlle as horas extras os traballadores que sobrepasaron a súa xornada ordinaria?
5- En caso afirmativo, a canto ascenden estas cantidades e con cargo a que partida procederán o seu pago?
Noutro orden de cousas e sin abandonar a piscina municipal, foron varios os país e nais de nenos que asisten a esta instalación que nos comunicaron a necesidade de facer uns vestiarios para eles separados dos adultos. Por esta razón lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:
1- Teñen pensado realizar algunha actuación na piscina para facer estes vestiarios?
2- En caso afirmativo, cando pensan facelo?
3- En caso negativo, cal é a razón por que non os farán?
Antonio J. Bouza Rodil
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro