O venres 3 de novembro celébrase o día dos barrenderos. Nun día tan sinalado para recoñecer o importante labor social deste colectivo, pediríalles un enorme favor: que varresen da nosa comarca a todos estes políticos inoperantes e con escasísimo poder de resolución.
Esta petición vén a colación porque o pasado 1 de novembro, nunha visita á miña nai que vive na Feira de Galdo, a escasos 100 metros da casa que ardeu o 2 marzo do 2016, comprobo con total impotencia que aínda non se iniciou a reconstrución da vivenda arrasada polo lume, que custou a vida da súa propietaria, Maria Angeles Dovale, de 42 anos e obrigou aos seus fillos e á súa anciá nai a trasladarse a diferentes casas de familiares que os acolleron.
Temos políticos mariñáns en todos os organismos comunitarios, desde a Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Mancomunidade de Municipios da Mariña, Concellos, etc. e eu pregúntome ¿que opinión terán destes mandatarios todos os veciños que traballaron sen descanso percorrendo porta a porta, organizando unha infinidade de eventos, colocando huchas en case toda a provincia?, ¿e todas as persoas de boa fe que doaron o seu diñeiro, alcanzando un total de case 40.000 €, para ver como dous anos despois, por problemas burocráticos, seguen sen ter permisos para empezar a reconstrución?, ¿Non hai un só político en toda a comarca que de solución a este despropósito?, ¿Ninguén sensible ao drama desta familia?.
E mentres os papeis seguen perdidos polos despachos, pasan os días e por segundo ano volve o Nadal ás nosas casas. A todas, para que as familias reúnanse mentres escoitan pola tele o soniquete dos anuncios .. “vuelve, a casa vuelve, vuelve al hogar”. A todas menos á desta familia de Galdo que seguirá dispersa e sen poder retornar ao seu fogar, a pesar dos esforzos dos seus veciños, que se demostraron insuficientes fronte á insensibilidad oficial.
Fdo.: F.R. Salgueiro