Este domingo no Salón de Actos do Centro Cívico, tivemos en Xove á familia animada máis famosa de Galicia OS BOLECHES co espectáculo “DE CHISPA A TATÁ, IMOS DE MORAÑA A ZAS”, nunha actuación dirixida a tódolos públicos, en especial a tódolos nenos/as. Decir que o público respondeulle fenomenalmente a esta famila dos Bolechas, enchendo o Salón de Actos do Centro Cívico, agotando o aforo de 250 persoas máis unhas 50 de pé. Todo un éxito dentro do Programa Falaredes. Esta actuación, que contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do denominado Programa FALAREDES.
