Mondoñedo, 14 de novembro de 2017. A voceira socialista de Mondoñedo asegurou este martes que os orzamentos de Elena Candia para o ano 2018 do Concello de Mondoñedo non cumpre o procedemento que marca a normativa para aprobalos. Xa que como tal e se sinala nos mesmos, non foi convocada a comisión de contas para o seu debate. Unha comisión que é preceptiva para aprobalos, tal e como marca a lexislación, e tal e como consta no informe que realiza a secretaria. Neste apartado sinala o seguinte;
CUARTO.- Procedemento para seguir será o seguinte;
A. Emitindo Informe pola Intervención, emitirase Ditame da Comisión Informativa de Facenda, que o elevará o Pleno da Corporación antes do 15 de outubro (cos anexos e documentación complementaria esixida pola lexislación), para a súa aprobación.
A voceira socialista asevera que nunca se celebrou tal comisión, polo tanto os orzamentos do Concello de Mondoñedo, incumpren a Lei e fan caso omiso ao propio Informe da secretaria.
Sobre o proxecto de orzamentos dende Grupo Socialista temos que remarcar que o Goberno popular de Elena Candia “recoñece as daniñas políticas do PP e os recortes da Xunta de Feijoo, xa que na Memoria Explicativa dos orzamentos apuntase; “que se fixo unha aposta nos servizos sociais.., debido ás reducións producidas pola Xunta.”
Dentro do proxecto de orzamentos “destacamos o despilfarro do Goberno de Elena Candia como a partida de atencións protocolarias e representativas cun gasto de 8.500 euros, ou a de publicidade e propaganda cun despilfarro de 36.300 euros; iso si en emprego só 42.000 euros, porque o emprego non é prioritario, pero saír nos medios si”.
Ademais no informe de intervención apúntase que hai que realizar unha eficiente asignación e utilización dos recursos públicos, tal e como prescribe a normativa, de tal xeito que os orzamentos deben estar encamiñados a políticas de contención e racionalización.
Ditadora política
González acusa a Elena Candia “de ser unha auténtica ditadora política, e de menospreciar á oposición socialista lexítimamente elixida polos veciños de Mondoñedo”. González lembra que no pasado pleno de orzamentos convocado ás 5 da tarde, pediulle á rexedora que en futuras sesións convocará o Pleno ás oito da tarde, tal e como marca o pleno organizativo aprobado por unanimidade, “xa que por mor do meu traballo na Deputación impídeme asistir a esas horas”.
A resposta da Alcaldesa foi a seguinte: “si esa petición a fixera calquera dos membros da corporación…, pero que a faga vostede que é asesora política na Deputación”. “Candia ten un catadura moral que non colle na cabeza. Cobra de tres organismos públicos; da Deputación, do Concello, de Suplusa, e aínda encima atrévese a dar leccións de moralidade e de ética. Con 3 ingresos mínimos mensuais é normal que ás 5 da tarde teña tempo para asistir ao Pleno, pero ten que saber que o resto de traballadores temos que seguir traballado ata que rematemos á nosa xornada laboral. Diante da aptitude déspota e de menosprecio da Alcaldesa o Grupo Socialista abandonou o Pleno”.
Acusou a Candia de actuar como “unha auténtica velutina da política, e de torpedear o traballo de todos aqueles que non se someten as súa decisións”.
Esperanza González sinala que Candia “é un bo exemplo de polivalencia política para cobrar dos recursos públicos, diso pode darnos un master. Non se pode dicir o mesmo do seu traballo para xustificalo”. A voceira acusou a Candia de “utilizar o Concello para os seus fins partidarios, antepoñendo as súas ansias de poder político provincial”.
Opacidade
González tamén denuncia “a opacidade coa que Candia Goberna o Concello, xa que dende o 19 de xuño non reciben actas das xuntas de goberno do concello, e polo tanto non poden ter coñecemento dos plans do Concello, iso si, publicidade e propaganda e notas de prensa moitas”.