Tamén viaxaron xunto ao club ribadense o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro Jorge Díaz, e o deputado provincial do BNG, Antonio Veiga. Alfredo Llano dixo que “con esta viaxe o que queremos é demostrar que o tren debe servir para desprazarse dun extremo ao outro da Mariña luguesa, debe poder ser empregado para asistir a eventos deportivos, como o de hoxe, para que os estudantes vaian aos institutos, para que o poidan utilizar tamén os usuarios do Hospital da Costa, e os traballadores desta comarca. O de hoxe foi un acto de apoio e para reivindicar o noso tren e un servizo que funcione atendendo as necesidades da nosa poboación”.
