Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación presta 5 réplicas de instrumentos do Pórtico da Gloria para o concerto de Carlos Núñez

INSTRUMENTOS PORTICO DA GLORIA-DEPUTACIÓNLugo, 21 de novembro de 2017. O Goberno da Deputación prestou 5 réplicas de instrumentos do Pórtico da Gloria para o concerto que o artista Carlos Núñez e a orquesta do Pórtico da Gloria, celebrarán este mércores ás 21:15 horas na Catedral de Santiago. Como convidados especiais, levarán a Jordi Savall e Hèsperion XXI. Dito concerto porá o broche final ao programa conmemorativo do 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo.

Nun encontro mantido esta semana coa Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto cos artisas, realizaron un ensaio e, trala proba, entregoulles os cinco instrumentos realizados no obradoiro da CIGA que impartiu Christian Rault, un luthier de recoñecido prestixio, no Centrad entre o 30 de outubro e o 11 de novembro. Unha actividade enmarcada dentro do Proxecto de Estudio e Difusión da Música Medieval en Galicia que desenvolve o Centro de Artesanía e que fomenta a Deputación.

Entre as cinco pezas trasladadas á capital galega figuraban dúas gigas e unha rota que están presentes na iconografía escultórica da Catedral de Santiago de Compostela, tamén incluían un olifante e unha viola, réplicas do Rei David. Será a primeira vez que estes instrumentos fabricados no obradoiro sexan usados ou tocados para unha interpretación pública.

Exit mobile version