Site icon Crónica3.com A Mariña

O GALP A Mariña-Ortegal lanza, xunto cos GALP de Galicia, a ruta dos faros de Galicia

O vindeiro día 28 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela a presentación da Ruta dos Faros de Galicia, o novo produto de touring turístico da costa.
A Ruta dos Faros ofrécese aos turistas como a primeira proposta en mercado para percorrer a costa de Galicia garantindo unha experiencia completa. Completa porque:
– Abrangue todo o territorio, de Ribadeo á Guarda, da Guarda a Ribadeo.
– Indica os puntos máis salientables da costa, as localizacións imprescindibles.
– Ofrece un catálogo de máis de 100 operadores turísticos MarGalaica, implicados no proxecto e que completan unha oferta de servizos moi diversos, con especial atención ao turismo mariñeiro.
– Ofrece un catálogo de máis de 100 restaurantes Km 0 MarGalaica, implicados coa ruta e coa promoción da gastronomía baseada no marisqueo e na pesca costeira artesanal.
A Ruta dos Faros nace do Proxecto de Cooperación Interterritorial MarGalaica, realizado polos GALP de Galicia co obxecto de estimular tanto a oferta como a demanda do turismo mariñeiro e costeiro en apoio ao sector turístico e ao sector do mar dos concellos costeiros. Está cofinanciado pola Consellería do Mar e polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

ACTO DE PRESENTACIÓN
Convocan: Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia
Preside: D. Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia
Lugar: Hotel NH Collection Santiag
Rúa Burgo das Nacións, s/n Santiago de Compostela
Data: Martes, 28 de novembro de 2017 ás 18:30 h.

Exit mobile version