Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello mellora a rede de abastecemento no núcleo de Cervo

271117 Melloras rede abastecemento CervoCervo, 27 de novembro de 2017.- O Concello de Cervo está a realizar estes días traballos de mellora na rede de abastecemento de augas no núcleo de Cervo, en concreto no cruce da Avenida de Galicia coa Avenida de Lugo.
O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez, e a de Medio Ambiente, Manuela Méndez, desprazáronse ata o lugar para supervisar a actuación que, tal e como explicou o rexedor, “consiste na substitución das vellas canalizacións que eran de fibrocemento por outras de PVC, e ademais –destacou-, “parte das antigas tubaxes estaban en terreos privados, polo que as trasladamos todas a zonas públicas”.
Son traballos que supoñen unha inversión de preto de 7000 euros, todos eles procedentes de fondos públicos, cos que reforzamos un servizo municipal que, aínda que está soterrado e non se ve, consideramos que é primordial para mellorar o día a día dos nosos veciños”.

Exit mobile version