O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron a actuación que se desenvolveu na zona que vai dende a fonte ata o lavadoiro público.
En concreto, tal e como apuntou Villares, “acometéronse traballos de acondicionamento no lavadoiro público e no pozo de recollida de auga, melloráronse as canalizacións, instaláronse tubaxes de drenaxe e asfaltouse toda a contorna”.
A obra supuxo unha inversión de 20.000 euros procedentes de fondos municipais e son traballos que, tal e como sinalou o rexedor “redundan na posta en valor de espazos públicos que teñen un incalculable valor patrimonial, xa que, aínda que a día de hoxe non teñen o uso de outrora, eran lugares de encontro da veciñanza; e lle outorgan esa singularidade ás nosas aldeas”.