Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro proponlle ao goberno de María Loureiro medidas para contribuír a rebaixar o índice de sinistralidade na travesía de Covas, que favorecen, ao mesmo tempo, á veciñanza de Covas e ao seu comercio e hostalería

Viveiro 12-11-17. O Bng de Viveiro ven de rexistrar no Concello de Viveiro, o venres 10 de novembro, un documento no que lle propón ao goberno municipal de María Loureiro unha serie de medidas, á espera da construción da alternativa á estrada LU-862, a tan prometida VAC, que axudarían a rebaixar o índice de sinistralidade na Travesía de Covas, e que favorecerían ao mesmo tempo ao comercio, hostalería e veciñanza de Covas.
No documento que a formación nacionalista lle fai chegar a alcaldesa de Viveiro inclúese unha exposición de motivos da necesidade de poñer en marcha as seguintes medidas que lle propoñen desde o Bng de Viveiro:
1.- Que o goberno municipal inste á Consellería de Infraestruturas a incluír no Plan de mellora da seguridade no vial LU-862 á altura de Covas, que ven de anunciar estes días, as obras de sinalización dos aparcamentos en espiga na travesía de Covas para que os vehículos estacionados saían de fronte ao víal, tal e como veñen reclamando os representantes dos hostaleiros e veciñanza de Covas e tal como o recomendan as normas de seguridade, co cal se logrará que haxa menor risco de accidentes porque as/os conductores/a terán maior visibilidade e se mellorará ao mesmo tempo a seguridade das e dos viandantes da zona.
2.- Que o goberno municipal instale luminarias de luz branca fría nos pasos de peóns, xerando unha luminosidade asimétrica respecto á iluminación da rúa, moito máis cálida. Isto mellora a visibilidade nocturna dos peóns e conductores: aumenta sustancialmente a eficacia da sinalización vertical e horizontal, facéndoa visible a maior distancia e dun xeito máis destacado, o que centra unha maior atención ao conductor.
3.- Que o goberno municipal poña en marcha un sistema de xestión de solares privados dispoñibles na zona de Covas para utilizalos como aparcadoiros públicos provisionais, a través do comodato ou préstamo de uso. Medida esta que axudaría á desconxestión do tráfico e á mellora da fluidez da circulación na travesía de Covas, contribuíndo así, ao mesmo tempo, a rebaixar o grado de sinistralidade nesta zona, á marxe do incremento de prazas de aparcadoiro que suporía a aplicación desta medida e que favorecería o comercio e hostalaría local de Covas, a súa veciñanza e visitantes.
A experiencia na aplicación deste sistema de xestión, que veñen desenvolvendo desde hai anos concellos como o de Carballo, Ribadeo ou, entre outros, Verín, é positiva e está a dar bos resultados para a veciñanza, polo que desde o Bng animamos á Alcaldesa a iniciar conversas cos titulares de solares privados dispoñibles na parroquia de Covas para ofrecerlles a posibilidade de ceder o uso dos seu solares ao concello, a través dun contrato comodato (artigo 1932 CC), co único obxecto de acondicionalos como aparcadoiros públicos e así aumentar os espazos de estacionamento na zona centro de Covas e desconxestionar a travesía de Covas. Contrato co que, a súa vez, o titular quedaría liberado de pagar calquera gasto de conservación do ben, así como as subministracións e tributos do ben cedido, polo uso e proveito do Concello, así como calquera outro gasto de comunidade ou inherente ao seu uso e conservación, podendo ademais o titular recuperar o ben cedido no prazo acordado polas partes.

Gloria R. Llanderrozas
Coordinadora do BNG de Viveiro

Exit mobile version