Viveiro 23-11-17. A cadea hostaleira Galipizza, con orixe na Mariña Lucense, ven de ser recoñecido a través do seu último establecemento como local “Estrella Galicia” do mes de outubro na cidade de Vigo, galardón que cada mes otorga esta compañía cervexeira á empresa que vende máis litros das súas cervexas.
O acto de recoñecemento tivo lugar esta semana nas instalacións deportivas do Celta de Vigo en A Madroa, clube patrocinado por Estrella Galicia, e durante o cal tamén se entrega o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes, votado polos afeccionados do equipo celeste nas redes sociais, que en outubro foi para o centrocampista Pablo Hernández, o Tucu.
O xerente de Galipizza, Xose Manuel Vázquez, foi o encargado de entregar o galardón ao xogador, que, á súa vez, regalou para Galipizza unha camiseta oficial do Celta firmada por tódolos xogadores da plantilla.
Este recoñecemento ven confirmar a boa acollida coa que a cidade de Vigo recibeu a Galipizza, ubicada na céntrica rúa Rosalía de Castro, e que se converteu o pasado mes de xullo no sexto local propio da cadea, tra-los de Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago e Oviedo.