Foz, 13 de novembro de 2017. A Casa da Cultura de Foz acolleu hoxe a xornada sobre Networking de innovación, renovación e consolidación comercial, que organizou a Federación de Comercio en colaboración co CCA de Foz e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.
A cita contou coa participación de Yolanda Vázquez, CEO da startup Orden es Cambio, que falou da importancia da orde para poder xestionar un negocio e resaltou a colocación dos almacéns, a organización interior dos locais e tamén os escaparates.
Na xornada tamén interviñeron dous técnicos Carmen Pérez, que se centrou na normativa e nas axudas ao pequeno comercio, e José S. Vázquez, que falou da páxina comerciogalicia.es e do sistema galego de fidelización.
O taller foi presentado por José Carlos Paleo, presidente do CCA de Foz e ao mesmo asistiu Luis S. Fernández, secretario xeral técnico da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo.
O obxectivo desta iniciativa pasa por fomentar o emprendemento, o uso das novas tecnoloxías, a renovación e a consolidación comercial.