O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “debido a que o próximo domingo se celebra en Lourenzá a terceira edición do Vilou Fashion, adiántase ao venres 17 a actuación do grupo local Os Trangalleiros coa obra A taberna de Suso. Será ás 21 horas. E o sábado 18 ás 20:30 horas tócalle o turno ao grupo de teatro da asociación cultural Juan Manuel Méndez, de La Caridad (El Franco), que porá en escena El picadero de mi abuelo. As representacións teñen lugar no salón de actos do Concello e o prezo das entradas é de 3 euros”.