Site icon Crónica3.com A Mariña

Este fin de semana rematan as representacións que participan no I Certame de teatro Concello de Lourenzá

O sábado, día 25 A Adala, de Fazouro, porá en escena a obra Sen seu amor. E o domingo 26 pechará o concurso Ollomao, de Barreiros, con Enciclopedia Álvarez. Estas dúas representacións serán no salón de actos do Concello ás 19:30 horas. A gala de entrega de premios do certame terá lugar o domingo 3 de decembro ás 19:00 horas e contará coa presenza do actor Cándido Pazó, que escenificará a obra Que comerá o rei?.

Exit mobile version