Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta fin de semana da comezo o I Certame de teatro Concello de Lourenzá

Este sábado, 4 de novembro, ás 19:30 horas terá lugar a primeira representación do I Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra que abrirá este concurso leva por título A miña muller volveu e será representada pola Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz. E o domingo, 5 de novembro, tamén ás 19:30 horas, tócalle o turno á Asociación de Teatro Airiños de Rianxo (A Coruña) coa obra Mass co-medias. O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “será un xurado formado por sete persoas o encargado de valorar a calidade das obras presentadas a concurso, a actuación dos distintos actores e actrices e a mellor montaxe (decorados, luz, son, vestiario, etcétera). O prezo das entradas para cada unha das actuacións será de 3 euros”.

Exit mobile version