As papeletas gañadoras foron extraídas da urna na que durante toda a xornada do sábado os clientes do comercio do Centro Comercial Aberto as foron depositando ata as 20:30 horas, momento no que deu comezo o sorteo. Todas as persoas que fixeron compras por un importe superior a 10 euros en Burela do do 5 ao 11 de novembro puideron despois canxear eses tíckets por papeletas para participar no sorteo de 1.500 euros en vales de compra, divididos nun total de 8 premios. Os afortunados e afortunadas foron os seguintes:
Premios de 100 euros
-Manuel Escourido
-Rebeca Reigosa
-Dolores Salgueiro
-Ymelda Baño
-Almudena Rodríguez
Premio de 200 euros
-Raquel Duarte
Premio de 300 euros
-Idara López
Premio de 500 euros
-Dolores Salgueiro
Ánxel Vázquez e Belén Expósito, presidente e vicepresidenta de A Mariña Federación, foron os encargados de realizar este sorteo e de entregarlles os premios aos gañadores. Co sorteo celebrado onte en Burela concluíu a campaña da FCAM que entregou máis de 10.000 euros en premios desde o pasado mes de setembro. Durante sete semanas tiveron lugar os sorteos en Ribadeo, Foz, Xove, O Vicedo, Covas, Viveiro e Burela.