Site icon Crónica3.com A Mariña

Eduardo Estevez presenta en Foz o seu poemario De Baleas

Foz 27-11-17. A asociación cultura A Pomba do Arco organiza o venres 1 de decembro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz,a presentación do último libro de Eduardo Estevez, De Baleas. O poemario está acompañado dunha banda deseñada realizada por Tokio, un dos autores máis senlleiros do comic en Galiza, e un CD onde musican diversos textos os músicos Macarena Montesinos, o dúo Tiberevi, Benxamín Otero, Estevo Creus, Daniel Quaranta, Ariel Ninas, Pablo Seoane e Gabriela Acosta, Mónica de Nut, Mig Seoane, Madamme Cell e Belén Bermejo, acompañada por Andrés Díaz.

De baleas é un libro de poemas que nace a partir dun work in progress que se desenvolveu na rede entre 2014 e 2015 (http://luagris.net/debaleas). As baleas están presentes en todos os poemas, ás veces como protagonistas, ás veces como simples escusas pero sempre están. Son baleas míticas, fantásticas, viaxeiras, nostálxicas. Son baleas que miran e queren axudarnos a ver o mundo doutro xeito ou, cando menos, amosarnos que sempre pode haber outra maneira de mirar. O libro está editado por Calderón , unha editorial de Malpica que editou o poemario, o comic e o CD todos metidos nun sobre de papel impreso.

Eduardo Estevez é un recoñecido poeta galego que fai parte da xeración dos 90. Desenvólvese como coordinador de obradoiros de escrita. Dirixiu obradoiros en centros de ensino, no centro sociocultural do Ensanche (Santiago), en bibliotecas municipais (Fene, As Pontes) e en diversas librarías, como Chan de Polvora ou Bahía de Foz. Foi membro do consello editorial de Letras da Cal e Retagarda Edicións sendo actualmente coordinador de publicacións da Editorial Caldeirón. É autor de 13 poemarios entre eles só paxaros saíron desta boca accésit do premio de poesía Miguel González Garcés 1997, lúa gris, finalista do premio Tivoli Europa 1999, caderno apócrifo da pequena defunta, XV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, derrotas, VI Premio de Poesía Concello de Carral, construccións ou entrar na casa.

Exit mobile version