Viveiro, 6 de novembro de 2017. O mércores 8 de novembro de 2017, ás 9:00 horas, vaise proceder ao corte de circulación dun dos carrís da Ponte da Misericordia con motivo das comprobacións de resistencia que a Axencia Galega de Infraestructuras vai realizar na ponte. Estas probas terán lugar entre 8 e o 15 de novembro, ambos incluídos, de 9:00 a 18:00 horas, non afectando á fin de semana.
O carril que quedará cortado ao tráfico será o que vai en sentido Covas-Viveiro, polo que o tráfico verase alterado do seguinte xeito:
– Os vehículos que veñan dende Covas en dirección Viveiro ou Celeiro, deben dar a volta pola Variante.
– Os vehículos que veñan dende Xunqueira, Magazos, etc. en dirección a Celeiro, deben atravesar recto pola Travesía da Mariña.
Na Misericordia, ata as instalacións da Cruz Roja, a circulación non se verá alterada, mantendo o doble carril.
Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.