Site icon Crónica3.com A Mariña

Córgomo Arte VI

CARTEL CORGOMOA Mariña 26-11-17. Artistas da Mariña participarán na sexta edición de Córgomo Arte. A inauguración terá lugar o vindeiro 2 de decembro, a partir das 17:30 h., na Sala Conde Torino, no Córgomo (Vilamartín de Valdeorras).

Como cada decembro desde hai seis anos, a arte volve a ser protagonista no Córgomo. Córgomo Arte VI abre as súas portas o vindeiro sábado 2 de decembro, ás 17:30 h.

Córgomo Arte é un proxecto que nace dunha necesidade, da de atopar un espazo de expresión para a arte, un lugar onde a liberdade creadora se atopase libre de ataduras, onde fose xenuina. O tema escollido para esta nova edición discorre nesta mesma liña de pensamento. “ABISMOS, ENTRE A SOMBRA E A ALMA” xurde dun verso dun poema de Pablo Neruda e dalgunha maneira expresa esa paixón irracional necesaria para a creación artística. Queremos avanzar na proposta presentada o ano pasado e continuar espindo a arte de artificios. Nesta convocatoria queremos convidarvos a reflexionar sobre o que somos como individuos, buscar esa verdade que reside no noso eu máis fondo, entre a sombra e a alma, oculta entre as moitas capas de apariencia coas que nos cubrimos ante a imposición do “que deberíamos ser”. A arte non é máis ca un producto desa diverxencia interna e queremos que neste certame a arte se presente como unha manifestación dese eu verdadeiro, unha revelación apaixoada do ser, a arte como verdade, como unha liberación irracional dos instintos. Para isto, nesta edición ampliamos o noso ámbito de actuación e incorporamos artistas da Mariña de Lugo e de terras de Lemos:

*Patricia Arellano (Burela)

*Cristina Basanta (Viveiro) e Lu Vila (Barreiros)

*Arturo Ceide e Beatriz Pérez, “Equipo Esparrela” (Monforte)

*Manuel Conde (Córgomo)

*Jaigarr (Madrid)

*Martín Lestao (Burela)

*Victorino Núñez, “Torino” (Carballal de Petín)

*Luís Sánchez, “Lois Rúa” (Rúa de Valdeorras)

Exit mobile version