Site icon Crónica3.com A Mariña

Contestación á Alcaldesa de Lourenzá

Lourenzá 30 de outubro de 2.017.-Trala nota publicada pola Sra. Alcaldesa de Lourenzá na web institucional do Concello e tamén en varias web´s de información e medios de prensa escrita, quixera aclarar o seguinte.
Durante o meu cargo como Concelleiro de Deportes, e máis concretamente en marzo e abril deste ano, solicitei presuposto a varias empresas , para a colocación de asentos nas gradas do pavillón de deportes e tamén para a colocación de dous banquiños no campo de entreno anexo a Sta. Cruz.
Ditos presupostos chegaron ao meu poder no mes de abril, e foron todos eles facilitados a Alcaldía do Concello, dos cales gardo copia, pregándolle os tivese en conta para acometer as melloras oportunas. Como con outras moitas cousas neste Concello, foi pasando e foron quedando, non por desinterese meu, se non pola falta de operatividade total e absoluta da Alcaldesa. Son moitas as mensaxes que dende aquela lle mandei para interesarme polo estado destes traballos,
Agora dende a Alcaldía aproveitan a miña baixa como Concelleiro do PSOE para outorgarse un punto dicindo que se acometen estas melloras despois de reunirse a Sra. Alcaldesa coa directiva das Escolas Deportivas, reunión na cal eu tamén estaba presente, xa que formo parte da citada Directiva, e todo o que se falou naquela reunión non foi máis que o que eu persoalmente lle fun trasladando no meu mandato como Concelleiro de Deportes, puntos dos cales foi pasando ata agora, para como dicía intentar sumar un punto cando non lle corresponde, como outras moitas veces.
Incluso fai mención tamén a rede que está instalada trala portería do campo principal de Sta. Cruz. Dita rede e tras os fortes ventos do outono de 2.015 caera; solicitei a súa reparación, a cal foi acometida a presa e de calquera maneira… Comentei no seu momento que iso non ía durar e a resposta recibida “cando volva a romper xa se amañara”, pois ben, volveu caer, e agora tamén aproveita a dicir que tras esa reunión lle solicitaron reparala…
Alégrome persoalmente, que por fin a Alcaldía teña en conta o deporte, pero o que non vou permitir é que diga que no tempo que eu fun Concelleiro de Deportes non me interesei; máis ben todo o contrario, foi o seu desinterese, xa que ambas actuacións que agora fai como súas, foron, como comentaba, solicitadas pola Concellería de Deportes da cal eu era o máximo responsable.

Francisco Dasilva Rivas

Exit mobile version