Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro gaba o papel da asociación de hostalería “na defensa dos intereses da provincia a través do fortalecemento do turismo”

221117 40 Aniversario APEHLO delegado territorial da Xunta, participou hoxe nos actos de conmemoración do 40 aniversario da creación da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo e gabou o papel que esta entidade xoga “na defensa dos intereses da provincia, do sector hostaleiro, a través do fortalecemento do turismo e do territorio”. O seu esforzo, engadiu, “ten contribuído a facer un Lugo máis atractivo para propios e visitantes”. Na mesma liña, lembrou que detrás da APEHL está o lema “que nos representa ante o mundo, E para comer… Lugo, que identifica a nosa riqueza e ofrece a imaxe dunha terra que ten moito que ofrecer e confía nas súas posibilidades e na súa capacidade para gañar o futuro”.

Exit mobile version