Site icon Crónica3.com A Mariña

Baile popular na defensa da sanidade pública

Screenshot_2017-11-25-20-45-47Viveiro, 26 de novembro de 2017. Bailando, rexeitamos unha atención sanitaria de segunda para cidadáns de segunda e deixamos claro que non pode haber diferenzas na atención á cidadanía dunha zona a outra do país.

Bailando, esiximos que a Xunta escoite, que as maiorías absolutas outorgan o poder de gobernar, pero non dan razóns absolutas.

Bailando, dixemos non á centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela.

Bailando, dixemos que non queremos viaxar a Lugo para realizar probas, consultas e cirurxías que ate agora realizábanse na Mariña como a implantación de marcapasos e inclusive o cambio de pilas dos mesmos, os partos de prematuros, malia contar o Hospital da Costa con unidade de prematuros, a maioría das operacións de cataratas, hernias ou fimose, ou as cirurxías programadas de traumatoloxía

Bailando, demandamos unha área de xestión integrada para A Mariña con plena capacidade de xestión en asistencia primaria e especializada e mais nos seus recursos humanos e económicos.

Exit mobile version