Site icon Crónica3.com A Mariña

As instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acolleron este sábado as actividades organizadas por Apaga dentro da II Semana Europea da Formación Profesional

251117 Foto Semana Europea Apaga 3Houbo relato das experiencias dos profesores que participaron no Erasmus + en diferentes países europeos ao longo dos últimos meses e falouse das novas saídas formativas que terán lugar durante o curso 2017-18. Ademais no evento participou Marco Pardo, director do C.F.P. Zanardelli, de Brescia (Italia), que falou da organización da formación profesional en Italia e das ferramentas contra o abandono e o fracaso escolar neste nivel. Á xornada acudiron representantes dos 27 centros que están no consorcio de mobilidade con Apaga, procedentes da Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo e Avilés, e por vídeo conferencia seguiron esta sesión de traballo asociados de Pamplona, Murcia, Madrid e Castela-León.

Exit mobile version