Houbo relato das experiencias dos profesores que participaron no Erasmus + en diferentes países europeos ao longo dos últimos meses e falouse das novas saídas formativas que terán lugar durante o curso 2017-18. Ademais no evento participou Marco Pardo, director do C.F.P. Zanardelli, de Brescia (Italia), que falou da organización da formación profesional en Italia e das ferramentas contra o abandono e o fracaso escolar neste nivel. Á xornada acudiron representantes dos 27 centros que están no consorcio de mobilidade con Apaga, procedentes da Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo e Avilés, e por vídeo conferencia seguiron esta sesión de traballo asociados de Pamplona, Murcia, Madrid e Castela-León.
As instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acolleron este sábado as actividades organizadas por Apaga dentro da II Semana Europea da Formación Profesional
As instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acolleron este sábado as actividades organizadas por Apaga dentro da II Semana Europea da Formación Profesional
Relacionado
-
O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio
-
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo fixo este mércores entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia