Site icon Crónica3.com A Mariña

Arredor de 170 persoas sumáronse este sábado á marea contra a violencia de xénero no pavillón de Marzán

perkusiona fair saturdayFoz 25-11-17. As asociacións Afammer, Amas de Casa de Foz, Viúvas Pilar Otero; os grupos As Farangullas, Ruxe Ruxe, Sin Xeito, Tas que pías e Trouleiras, CB Celtas de Foz, Maristas da Coruña e árbitros, así como outras persoas a título particular renderon unha homenaxe ás vítimas da violencia de xénero neste ano 2017.
Tamén se procedeu á lectura dun manifesto sobre a liña que debemos seguir nesta loita “e desexando que chegue o día no que non teñamos nada que reivindicar o 25 de novembro porque esteamos todas vivas e libres”, así se pechou o acto.
Nesta tarde de sábado en Foz Perkusiona Escola de Perkusión poñía música á Avenida da Mariña na primeira edición do Fair Saturday en Foz, recadando doazóns para Cáritas. Por primeira vez o Concello de Foz uniuse ao Fair Saturday, un movemento cultural aberto e participativo que se celebra a nivel mundial o último sábado de novembro. Diferentes entidades, artistas, etcétera xúntanse neste proxecto, amosando a importancia da arte e a cultura e cada un deles destina o recadado a un proxecto social que elixen. No caso do Concello de Foz entre as 17:30 e as 19:30 horas Perkusiona Escola de Perkusión puxo música á Avenida da Mariña e o recadado será entregado a Cáritas, que colabora incansablemente coas persoas máis necesitadas do concello.

Exit mobile version