Burela 27-11-17. O grupo de Teatro da ASOCIACION “A MARIÑA”, viaxará este Martes día 28 de Novembro ata o colexio I.E.S FONMIÑÁ daPastoriza.
Alí interpretarán para todos os alumnos a súa obra: “Eres Único”; Teatro contra o Bulling”.
“Eres Único”, é unha obra estructurada en tres micro historias que teñen en común o acoso escolar; un problema que está a orde do día e que pode chegar a ter unhasfatais consecuencias naspersoas.
Mediante esta actuación, pretendemos sensibilizar ó público sobre esta problemática social que está latente cada día nos canais de comunicación e que ómesmo tempo está ligada áspersoas diagnosticadas deenfermidade mental, xa que moitosdelespuideron sufrir nalgun momento da súavida “bulling”.
Con esta representación, queremos fomentar a integración social, o traballo en equipo e favorecer as relación interpersoais das persoas con enfermidade mental nesta sociedade.
Invitamos a que todos os institutos se poñan en contacto con nós e así representar esta obra e poñer o noso grao de área para que non haxa máis victimas desta lacra chamada bulling.