Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destinou preto de 40.000 euros ao acondicionanto con aglomerado en quente de varias estradas na parroquia de Marzán, en Foz

141117 Obras PIR FozFoz (Lugo), 14 de novembro de 2017.- A Consellería de Medio Rural destinou preto de 40.000 euros, a través do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR), para o acondicionamento de camiños na parroquia de Marzán, no concello lugués de Foz.

A administración autonómica colaborou con este municipio da Mariña lucense para mellorar estas infraestruturas que serven de enlace entre a estrada nacional 642 coa zona de Augadoce e, desde alí, aos acceso á praia de Las (LU-P-2011).

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do tenente de alcalde de Foz, Pedro Fernández Manín, comprobou in situ o resultado das obras executadas, que contribuirán ao avance na seguridade viaria no núcleo de Marzán e tamén na calidade das comunicacións.

O investimento da Xunta permitiu mellorar o firme da vía pero tamén as beiras da calzada e os foxos, incorporando aglomerado en quente durante algo máis dun quilómetro de lonxitude.

Balseiro explicou que o Plan de Infraestruturas Rurais da resposta ás necesidades que presentan os concellos no ámbito da mobilidade, o que redunda no correcto desenvolvemento da actividade económica e dos servizos e, en definitiva, na calidade de vida dos veciños.

A Consellería do Medio Rural incide na mellora da rede viaria a través do PIR, dotado con 4,2 millóns de euros, e tamén do Plan Marco de mellora de camiños municipais, cun orzamento de 16 millóns de euros para dous anos, o que fai un investimento superior aos 20 millóns de euros en toda Galicia.

Exit mobile version