Burela 23-11-17. O Centro Portugués de Vigo e a A.C.R. Terras da Mariña convidannos a participar dun proxecto no que colaboran coa organización dunhas xornadas turístico gastronomico-culturales que pretenden facer chegar a nosa terra ata o mesmo corazón de Portugal, nesta ocasión a través da Casa de Galicia en Lisboa, tamén coñecida como Xuventude de Galicia
Dentro do programa de actividades que teñen preparado, Ledicia amosará a cultura tradicional galega a través do canto, baile e música, e -gastronómicamente falando- cociñando bonito, que lles ofreceremos en duas preparacións: empanada e marmitako.
Para a viaxe contamos coa colaboración do Concello de Burela, que financia o transporte; e tamén da empresa Conservas Artesanas Currimar, que nos facilitou os trámites de compra e procesado do bonito.
Como adoitamos comentar, moitas mans unidas na promoción dun produto que continua chegando ás nosas mesas despois dun traballo respetuoso co medio.