Neste senso, O Torno é un dos 6 areais galegos que recibe este recoñecemento e o único da provincia de Lugo; “certificando así o bo traballo que se está a facer en materia de xestión ambiental; poñendo en valor as nosas costas e os servizos que vimos ofrecendo”.
O rexedor, Alfonso Villares quixo recoñecer a labor dos distintos traballadores municipais “responsables de que, por terceiro ano consecutivo, podamos traer para Cervo este galardón que outorga un valor engadido aos nosos areais e é un estímulo para seguir a traballar dende o noso compromiso co medio ambiente”
A edil de medio ambiente, Manuela Méndez, recordou que esta praia do Torno conta cada ano cos certificados oficiais máis prestixiosos en canto á calidade dos servizos e a xestión mediambiental como é a Bandeira Azul ou a Ecoplayas que vimos de recibir.