Foz 13-11-17. A asociación cultura A Pomba do Arco organiza o venres 17 de novembro ás 20:30 na casa da cultura de Foz un debate sobre a peonalización da avenida da Mariña no que participaran Xavier Castiñeira (alcalde de Foz), Xosé María Linares (portavoz do PSOE), Lorena Seivane(portavoz do BNG) e Luís Sixto(portavoz de Foz plataforma de fututo). O debate será moderado polo presidente d´A Pomba do Arco Xoán Ramón Fernández Pacios, estruturándose nunha primeira quenda de intervención por canda un dos intervintes e dando paso posteriormente as intervencións do público.
O obxectivo deste acto é informar aos veciños e as veciñas de Foz sobre as propostas que teñen para a zona desde a equipa de goberno e dos grupos que fan parte da corporación, favorecer o debate entre a veciñanza e os representantes públicos sobre as alternativas previstas, coñecer os proxectos previstos para a avenida Álvaro Cunqueiro e outros espazos do centro urbano e posibilitar a clarificación das dúbidas dos veciños e veciñas.
A Pomba do Arco entende que unha actuación deste tipo require da opinión do conxunto dos axentes sociais do concello, na medida que estamos diante dunha obra que escapa á simple mellora do espazo urbano entrando de cheo na ordenación urbanística da vila e no modelo de concello que queremos. Neste sentido consideramos central a información á cidadanía e o coñecemento das súas opinións e dubidas así como unha achega ao debate desde diversas perspectivas como a económica, dos estándares de calidade de vida ou da redefinición da relación do cidadán co espazo público.