As obras foron presentadas esta mañá polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Ramón Álvarez Maqueda e representantes da Federación de AA.VV. “Lucus Augusti” de Lugo.
O proxecto
Nos ríos da demarcación hidrográfica do Cantábrico na provincia de Lugo, existen numerosos puntos onde a presenza de árbores caídos no cauce e outros obstáculos dan lugar á acumulación de arrastres, leña e ramas, provocando unha notable merma na capacidade de desaugue dos cauces.
O obxecto dos traballos realizados é o de mellorar esa capacidade de desaugue dos cauces afectados, co fin de minimizar na medida do posible, as inundacións derivadas da presenza dos tapóns ou barreiras e os danos que estas poden xenerar.
Estos traballos levaranse a cabo en máis de 20 km de ríos ubicados nos concellos de Baleira, Becerreá, Cervantes, Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Múñiz, As Nogais, Pedrafita, Pontenova, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada