Cervo, 30 de outubro de 2017.- A Casa do Mar de San Cibrao acollerá o vindeiro venres, 3 de novembro, a VI Larpeirada de Ourizo de Outono.
Na programación figura un concurso gastronómico de postres de castañas, aberto a todos aqueles veciños de Cervo, pero tamén da contorna interesados en participar.
Os participantes deberán entregar os seus postres ás 16:30 horas, ás 17:00 horas será a degustación por parte do xurado; e xa ás 18:00 horas está prevista a entrega de premios.
Ás 18:30 horas haberá unha actuación dedicada ao público infantil.
A continuación, collerá o testigo o Magosto Popular, organizado pola Asociación Clan, en colaboración co Concello de Cervo. Será a partir das 19:00 horas; e haberá castañas asadas, e tapas de xamón cocido, patacas e chourizo, e orella.
O evento estará amenizado con música tradicional; e ao remate do magosto haberá un concerto con música en directo a cargo da Rebolaxe.
Xa dende as 23:30 horas está previsto un concurso de karaoke.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a participar nesta festa de Outono que ten como principal protagonista o froito estrela desta época, a castaña.