Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos organiza as III Xornadas polo Día Internacional da Violencia de Xénero

Lourenzá, 22 de Novembro do 2017.- Dende a Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos, por terceiro ano consecutivo, organizan unha xornada para conmemorar o Día Internacional da Violencia de Xénero en colaboración coa Asociación Mujeres en Igualdad de Burela.

A xornada será inaugurada o vindeiro venres 24 de Novembro ás 19:30 no salón de actos do Concello baixo o lema “A violencia de xénero dillo Non” por Mary Fraga Presidenta de Mujeres en Igualdade de Burela para dar paso a REPRESENTACIÓN TEATRAL do Sketch: “MARUXA, ESTO NON É AMOR, É VIOLENCIA DE XÉNERO” a cargo do Grupo de teatro ÁRDORA de San Cibrao e Integrantes de Mulleres en Igualdade de Cervo e Burela.

De seguido, terá lugar unha MESA REDONDA moderada por Emma Alvarez, Presidenta da Asociación de Amas de Casa de Lourenzá na que se tratarán os seguintes temas:
•“A primeira intervención psicolóxica ás vítimas de violencia de xénero” a cargo de Sandra Casa Vila – Psicóloga experta en atención a víctimas de violencia de xénero de Mulleres en Igualdad Burela
•“Protocolo para as vítimas de violencia de xénero” a cargo da laurentina, María José Jiménez Torres, anterior presidenta da Asociación de Amas de Casa – Avogada do turno de oficio na especialidade de violencia contra a muller e menores.

Noutra orde de cousas, a directiva da Asociación, nunha circular enviada aos seus asociados, informou do inicio do CURSO DE ARTE FLORAL E CENTROS DE MESA que se iniciará o vindeiro xoves 30 de Novembro e que será impartido por Ana Fabeiro no que o custo será únicamente o valor dos materiais que empreguen os alumnos nas súas composicións. Os interesados deben anotarse poñéndose en contacto con algún membro da directiva.

Exit mobile version