Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultura A Pomba do Arco organiza o venres 1 de decembro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz,a presentación do último libro de Eduardo Estevez, de baleas

O poemario está acompañado dunha banda deseñada realizada por Tokio e un CD onde diversos músicos galegos poñen musica aos textos do libro. Eduardo Estevez é un recoñecido poeta galego que fai parte da xeración dos 90. Coordinador de obradoiros de escrita, entre les o que se desenvolve na libraría Bahía de Foz, é autor de 13 poemarios entre e les só paxaros saíron desta boca, caderno apócrifo da pequena defunta, lúa gris derrotas, construccións ou entrar na casa. Ao tempo atesoura algúns dos premios máis importantes da nosa poesía como o Eusebio Lorenzo Baleirón ou o Concello de Carral, merecndo tamén o accésit do premio de poesía Miguel González Garcés 1997 e sendo finalista do premio Tivoli Europa 1999. É coordinador de publicacións da Editorial Caldeirón e foi membro do consello editorial de Letras da Cal e Retagarda Edicións.

Exit mobile version