A Plataforma denunciou o grave problema que está a sufrir a Atención Primaria en xeral, co abandono total por parte da administración tanto no mantemento das instalacións, algunas sen reparar dende a súa creación no século pasado e con problemas na calefacción, como no suministro de materiais ( servizo recentemente privatizado) ou na cobertura de profesionais.
Unha especial importancia acada a deixadez total co que se está a tratar a cobertura de pediatras nos centros de saúde da comarca.Mentres que en algunas localidades como Viveiro,que atende a maiores aos nen@s de Ourol e o Vicedo, non cubren ou o fan de forma insuficiente as ausencias dun dos profesionais co conseguinte caos asistencial, ou directamente non contratan pediatras para outras amplias zonas como o Valadouro, donde un total de trescentos nen@s teñen que ser atendid@s pola pediatra en Foz, sobresaturada polo volumen de pacientes. No caso de Barreiros a pediatra acude ao centro de saúde dúas horas tres veces por semana, porque é compartida con Mondoñedo e Lourenzá ,sendo imposible dar a asistencia sanitaria de calidade @s máis pequen@s.