Este domingo 15 de Outubro, parte do Grupo de Senderismo Xove, desprazouse á localidade de As Pontes para facer a Ruta As Fragas da Ribeira e Lostegal. A saída da Ruta fixose no alto do Parque Eólico da Carballeira, para percorrer primeiro a Fragas de Lostegal e despois a Fraga da Ribeira, no Encoro da Ribeira no Rio Eume. Unha ruta moi bonita de preto de 16 km. por unha paraxe de vexetación totalmente autóctona . Destacar a baixura do Encoro da Ribeira, que está en mínimos de auga acumulada, e que deixa a vista edificacions que non se podian ver dende fai moitos anos, por estar sumerxidas nas suas auga. O final de Ruta, no Parque do Eume en As Pontes, para despois dar un paseo polo pobo, e visitar o lago artificial e a sua praia. A próxima Ruta será o Rio Sor, o vindeiro día 5 de Novembro.