O vindeiro sábado 21 de outubro a Asociación Pasada das Cabras de Burela xunto con voluntarios de Alcoa van facer a subida ao Monte Castelo de Viveiro de 8 quilómetros e dificultade baixa. A saída será ás 10 da mañá da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar á ermita do monte haberá pinchos gratis para todos os participantes antes de empezar a baixada. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no 982 580 504, antes do xoves día 19 de outubro ás 20,00 h.