Viveiro a 26 de setembro de 2017. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
1º ) Algúns veciños e viandantes da parroquia de Covas dirixironse a este grupo municipal para transmitirnos a mala situación dalgunhas das losetas nas beirarrúas ( Suasbarras e Avenida Cantarrana ), como por exemplo frente a entidade bancaria A Banca , frente a panadería de Covas e na fonte de Suasbarras , todas en situación de floxedade o que resultan unha incomodidade e de certo perigo para os viandantes , polo que lle ROGAMOS á delegacion de Obras do noso Concello que se reparen estas anomalías o antes posible.
2º ) A Estrada Pallaregas ( Covas ) a Vieiro no tramo desde Sequeiro ó Cristo en Vieiro, asi como a estrada desde o Vilar a Carreira en Magazos , están en malas condicións presentando abundantes fochancas o que dificulta a circulación de vehículos. Dado que son estradas de competencia municipal e polo que lle ROGAMOS ó equipo de goberno a súa reparación a maior brevidade posible.
3º ) Según puidemos observar na parroquia de Faro , no paseo marítimo de Area , algúns puntos de luz do paseo maritimo están sin alumbrado público, en concrecto os situados no muro de dito paseo. Por este motivo lle ROGAMOS ó equipo de goberno a súa reparación o antes posible.
4º) O reloxio da Igrexa de Santa María, despois dun longo periodo de ausencia, voltou a ser colocado no seu sitio no mes de agosto do presente ano. Como queira que dende a súa colocación está parado nas seis e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que realice as xestións oportunas para o seu arranxo definitivo e asi volte a funcionar con normalidade.